Esta web emprega cookies propias para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso.

QUEN SOMOS

O Grupo Común da Esquerda é a terceira forza do Parlamento de Galicia, con dez deputados e deputadas. Constituímos un espazo de unidade na defensa dos dereitos sociais, os sectores estratéxicos da economía galega, os servizos públicos e a Lingua e a Cultura galegas. Levamos ao Parlamento as demandas dos movementos sociais e da xente do común e traballamos por unha Galicia feminista, verde e con xustiza social.

Luca Chao Pérez

(Lugo, 1988) - Voceira

Politóloga e investigadora. Desde 2006 vive en Santiago de Compostela, cidade na que se licenciou en Ciencias Políticas en 2011. Continúa os seus estudos cun mestrado en Migracións Internacionais (2011-2012) na Universidade da Coruña. En 2012 recibe unha bolsa de formación predoutoral coa que inicia a súa tese de doutoramento sobre a participación política dos descendentes do exilio español en México e Francia e a súa tarefa como docente no Grao de Socioloxía e no mestrado de Migracións Internacionais da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Nese mesmo ano comeza a colaborar como investigadora no Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais. Froito da súa investigación, realiza diversas estadías de investigación: no Colexio de México, na Escola de Altos Estudos Sociais de París e na Universidade Nacional Autónoma de México. As súas liñas de investigación principais son: participación política, migración, exilio e participación cidadá.

Antón Sánchez García

(Alacante, 1974) – Voceiro

Enxeñeiro técnico agrícola, máster en Xestión de Empresas Agroalimentarias.

De profesión labrego, nunha explotación de agricultura ecolóxica en Bergondo desde o ano 2001. Afiliado desde ese ano ao Sindicato Labrego Galego, onde foi responsable do Sector de Horta.

Concelleiro entre 2007 e 2014 no Concello de Bergondo.

Deputado e vicevoceiro de AGE entre 2012 e 2016.

Durante o ano 2016 participou como voceiro nas sesións de control ao presidente.

Desenvolveu o seu traballo nas áreas de Medio Rural, Infraestruturas e Medio Ambiente, Economía e Industria.

Carmen Santos Queiruga

(Porto do Son, 1981)

Politóloga licenciada na USC e funcionaria do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC de Vigo. Filla e neta de mariñeiros, estudou na escola e universidade públicas. Rematada a carreira, ao ano seguinte aprobou a súa primeira oposición na Administración xeral do Estado, obtendo o seu primeiro traballo como empregada pública en Barcelona na Subdelegación do Goberno-Oficina de Estranxeiros. Estivo tamén uns meses no Departamento de Traballo da Generalitat de Cataluña e despois concursou a Madrid, onde obtivo destino na Subdirección Xeral de Xestión Económica e Orzamentaria do Ministerio de Ciencia e Innovación. Aos poucos meses trasladouse ao Gabinete Ministerial do citado Ministerio como persoal funcionario adscrito a dito Gabinete. Ao ano e medio aprobou a súa segunda oposición no CSIC e volveu a Galicia de maneira definitiva para realizar neste organismo público de investigación labores de axuda á xestión de I+D+i.

Marcos Cal Ogando

(A Lama, 1978)

Membro da executiva de Podemos Galicia como Secretario de Acción Institucional e Programa. Activista social que formou parte de distintos colectivos na defensa da xustiza social e ambiental e na defensa da calidade democrática. Participou do 15M en labores de coordinación e voceiría e nas Marchas da Dignidade. Formou parte do equipo impulsor de Podemos Pontevedra e Podemos Galicia, así como dos distintos espazos confluentes nos que participou Podemos nestes anos. A súa actividade parlamentaria está centrada fundamentalmente na conservación e recuperación medioambiental, no medio rural, as infraestruturas e mobilidade e a igualdade e diversidades.

Ánxeles Cuña Bóveda

(Pontevedra, 1957)

Pedagoga, directora teatral e dramaturga. Directora da compañía de Teatro Sarabela, do Festival Internacional de Teatro de Ourense. Vive en Ourense desde hai corenta anos.

Licenciada en Ciencias da Educación pola USC. Diplomada pola Escola de Expresión de Barcelona. Traballou como profesora de Actividades; impartiu clases de Lingua e Literatura no IES Universidade Laboral e no Departamento de Orientación. Relatora nas Universidades de Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense. Ten publicado numerosos artigos en revistas especializadas.

Documentalista na película O lapis do carpinteiro de Antón Reixa. Profesora de Creación e Escenificación Literaria. Pedagoga de Interpretación, Creatividade, Dramaturxia e Dirección. Impartiu cursos, obradoiros e seminarios para profesionais e asemade en diferentes niveis de ensino universitario e en formación de formadores.

Fundadora de numerosos grupos teatrais entre eles SARABELA TEATRO. Dirixe o FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) desde a súa creación. Leva dirixidos máis de 50 espectáculos.

Entre os recoñecementos recibidos destacan o Premio FETÉN á mellor dirección, espectáculo e texto orixinal, por Tics. Premios María Casares á mellor dirección, texto adaptado, iluminación e espectáculo pola obra O lapis do carpinteiro. Premio XIRIA ao labor teatral na XVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

Premio Celestina (da crítica de Madrid) por Romance de Micomicón e Adelhala, entre outros moitos.

Xan Xosé Xove González

(Viveiro, 1977)

Con formación en Traballo Social (Grao). Traballador público de Correos SAE, onde foi presidente do Comité de Empresa da provincia da Coruña até o 2019. Músico de diferentes formacións en Galiza e Barcelona, levando a música galega por toda Europa e acadando diferentes premios. Militante do ambientalismo e da cultura desde os anos 90, con especial implicación activa no antimilitarismo, o Nunca Máis e o 15M, entre outros movementos sociais. Logo de 15 anos emigrado en Barcelona e en Menorca, retorna no 2013 para participar, entre outros movementos, nas Marchas da Dignidade. Foi fundador da Marea Atlántica, colectivo onde leva a cabo principalmente a súa actividade política nestes momentos.

Paula Quinteiro Araújo

(Vigo, 1990)

Enfermeira, entre outros centros, do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Previamente traballou no sector da dependencia e atención a persoas maiores.

Anticapitalista e feminista. Comezou a participar activamente en política a partir do 15M e en movementos sociais desde unha perspectiva anticapitalista e feminista. Participou da creación e desenvolvemento de Podemos tanto na súa cidade como a nivel nacional e foi candidata de Podemos ao Parlamento Europeo en 2014. Posteriormente foi elixida como integrante do Consello Cidadán Municipal de Podemos Vigo, ademais de traballar na Secretaría de Igualdade de Podemos Galicia. En 2014 comezou a participar na Marea de Vigo, implicándose na elaboración do seu modelo organizativo, así como na Marea Feminista.

En 2016 foi elixida para o Consello Cidadán Autonómico de Podemos Galicia. Adoita publicar artigos de opinión en Praza Pública, Viento Sur ou Público.

Eva Solla Fernández

(Vigo, 1984)

Enfermeira. Parlamentaria por AGE na lexislatura anterior. Cursou os seus estudos na universidade pública. Enfermeira nas listas de contratación do SERGAS. Desde pequena tivo inquedanzas políticas, aínda que comezou a súa militancia política hai case unha década nas filas de Esquerda Unida. Desde 2014 é a secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia.

Julia Torregrosa Sañudo

(Barcelona, 1965)

É arquitecta pola ETSAB, Universidade Politécnica de Cataluña, e funcionaria da Consellería de Educación como profesora de ensino secundario no IES de Poio. Neste centro, entre outros, ocupou os postos de secretaria do centro, directora e xefa de departamento. Ademais, é experta en tecnoloxías da educación e o coñecemento pola UNED, e participou activamente en diferentes programas de innovación educativa (embaixadora Edu-Glogster, INTEL Engage Teachers Community, programa Seccións Bilingües, Commenius), xunto a máis dunha decena de cursos de formación tanto en Galicia como no estranxeiro.

Como docente, foi unha das gañadoras dos premios da Xunta de Galicia dedicados a difundir o Día das Letras Galegas 2007, que homenaxeou a María Mariño. Tamén formou parte do equipo que no ano 2000 recibiu unha mención especial nos premios Giner de los Ríos polo seu traballo La matemática. Un lenguaje universal.

Apaixonada do debuxo e da arte, ten colaborado con diversas editoriais tanto estatais como internacionais e exposto tanto individual como colectivamente a súa obra.

Militante da organización política Podemos, é membro do círculo de Pontevedra, do círculo sectorial estatal de ensino e responsable da área de educación de Podemos Galicia.